Thursday 09 de May de 2024

A Alameda acolle este sábado a ‘Festa dá Xuventude’ coa música como prato principal


• Actuarán os grupos Unión e Forza e Orixe, ademais dun dj

A Alamdeda de Ortigueira acolle este sábado 1 de abril a ‘Festa dá Xuventude, na que a música será o prato principal e onde tamén haberá unha gran comida popular.

A xornada dará comezo ás 14 horas, coa tirada de lumes, e a continuación ás 14:15 horas empezará a sesión vermú, a cargo de Unión e Forza.

Ás 15:15 horas comeza a comida popular, cun apetitoso menú que inclúe paella e churrasco.
A partir das 19 horas, un dj amenizará con música, mentres os máis pequenos da casa poderán gozar de inchables.

Pola noite celebrarase unha gran verbena cos grupos Unión e Forza e Orixe, e xa para finalizar a programación volverá amenizar un dj.
Desde o Concello de Ortigueira animan a todos e todas, veciños e visitantes, a gozar da xornada do sábado na Alameda de Ortigueira.